Ir o contido principal

Viveiros de empresa

Para moitos tipos de negocio, dispor de recursos materiais, financiación e asesoramento nas primeiras fases da actividade pode ser a clave do éxito.

Baixo o nome de Viveiros de Empresas, agrúpanse iniciativas promovidas polas Institucións públicas (Universidades, Xunta de Galicia, ...) e/ou privadas sen ánimo de lucro, favorecedoras da promoción económica.

Dan soporte a emprendedoras/es ou empresas de nova creación de calquera sector económico, xerándolles beneficios: baixa inversión inicial e costes, asesoramento e tutela gratuito, recursos financeiros e recursos materiais básicos para o comezo da súa actividade.

A permanencia nos viveiros de empresa soe estar limitada.

 

Ofrecen:

un espazo físico, de despachos ou naves para alugar a un baixo custo ou gratuito en ocasións. Servizos comúns (salas de reunións, fax, ...) e outros individuais (teléfono, internet, mobiliario, ...). Apoio técnico e asesoramento legal, empresarial e finaceiro dende o inicio da actividade e durante a súa permanencia no viveiro.

 

» Listado Viveiros de Empresas