Ir o contido principal

Axudas

A importancia do emprendemento no desenvolvemento económico dun territorio trae consigo que as diferentes administracións e entes públicos dediquen importantes recursos para a posta en marcha e consolidación de empresas e para apoiar aos emprendedores e ás emprendedoras.

Facilitámosche a continuación unha relación e contactos relativos ás axudas e subvencións que podes atopar no territorio da rede.

NO TERRITORIO GALEGO:

  • Progama EMEGA (Estímulo ás Mulleres Emprendedoras de Galicia): dirixido a emprendedoras e empresarias que crean emprego feminino por conta allea e a empresas constituídas por mulleres baixo calquera forma societaria. Contempla axuda para as distintas fases do emprendemento e prevé apoio ás situacións de maternidade e ás formas flexibles de organización do traballo.
  • Subvencións para o fomento do emprego autónomo: indicadas para persoas paradas e inscritas como demandantes de emprego na súa correspondente oficina, que van desenvolver unha actividade por conta propia.
  • Subvencións para o fomento do emprego e a mellora da competitividade nas cooperativas e as sociedades laborais.
  • Proxectos empresariais IE (Iniciativa Emprego): este programa pretende crear emprego no ámbito local mediante a concesión de axudas e subvencións. Poden cualificarse como IE os proxectos empresariais ou as empresas recén constituídas sen iniciar a súa actividade, que sexan innovadoras, xeradoras de emprego e empreguen recursos locais infrautilizados.

NO TERRITORIO PORTUGUÉS:

  • Programa estratéxico para o Emprendedurismo e a Innovación. O Programa Estratéxico para o Emprendedurismo e a Innovación (+e+i) é un programa aberto á sociedade civil. O +e+i ambiciona unha sociedade máis emprendedora, unha base ampliada de empresas innovadoras e con forte compoñente exportadora, un país en rede e inserido nas redes internacionais de emprendedurismo, coñecemento e innovación, e orientado a resultados. Piares fundamentais: amplitude das competencias da poboación; dinamización da innovación; estímulo ao emprendedurismo; e promoción destes obxectivos a través de adecuados instrumentos de financiamento. Programa estratexico para o Emprendedurismo e a Innovacion
  • Programa Finicia. O FINICIA é un programa do IAPMEI que facilita o acceso a solucións de financiamento e asistencia técnica na creación de empresas, ou en empresas na fase inicial do seu ciclo de vida, con proxectos empresariais diferenciadores, próximos do mercado ou con potencial de valorización económica. Empreendedurismo e creación de empresas - Financiamento á creación de novas empresas - Programa FINICIA
  • Apoios e incentivos do IEFP. O IEFP (Instituto do Emprego e Formación Profesional)  facilita un conxunto de medidas, no ámbito do emprego e da formación profesional, dirixidos para os diversos tipos de público. Apoios e incentivos a empresas do IEFP
  • Apoio ao Emprendedurismo e á Transición para a Vida Activa. Comprende distintos instrumentos que visan promover o nivel, a calidade e a mobilidade do emprego, privado e público, nomeadamente, a través do incentivo ao espírito empresarial, do apoio á integración no mercado de traballo de desempregados e do apoio á transición de mozas para a vida activa e do incentivo á mobilidade. POPH - Programa Operacional Potencial Humano.
  • Proxecto de Emprendedurismo Feminino. Apoia a proxectos de creación de empresas ou proxectos de empresas *nascentes (até tres anos), clasificadas como pequenas ou medias empresas (pemes). Os proxectos deben promover a innovación no tecido empresarial a través do estímulo ao emprendedurismo calificado promovido por mulleres.Poden requirir empresarias cunha participación (directa ou indirecta) igual ou superior a 50% no capital social da empresa e que desempeñen funcións executivas na mesma.


A información relativa a cada un destes programas, ademais doutras moitas axudas ao emprendemento, pódese atopar na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia:  axudas da Secretaría Xeral de Igualdade, da Consellería de Traballo: axudas da direccion xeral de promocion de emprego, na do Servizo Público de Emprego: Portal de emprego ou no Instituto Galego de Promoción Económica:  Buscador de Axudas no IGAPE

  • ICO (Instituto de Crédito Oficial), como entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Economía e Competitividade, fomenta as actividades económicas que pola súa transcendencia social, cultural, innovadora ou ecolóxica merecen unha atención preferente. O financiamento do ICO céntrase en pemes e autónomos/as e diríxese a financiar operacións de investimento dentro e fóra de España, actuando a través de liñas de Mediación (Instituto de Crédito Oficial) e de financiamento directo.
  • Capitalización da prestación por desemprego: A capitalización consiste na percepción nun só pagamento da prestación por desemprego co fin de destinar a contía á realización dunha actividade profesional, ben sexa como socia dunha Cooperativa de Traballo Asociado ou dunha Sociedade Laboral, ou como traballadora por conta propia ou autónoma. Os requisitos para a capitalización do desemprego son os seguintes: 
    • Ser beneficiaria dunha prestación contributiva por desemprego
    • Ter pendente de percibir, polo menos, tres mensualidades.
    • Non ter feito uso deste dereito ao pagamento único nos catro anos inmediatamente anteriores.
    • Que a actividade que pretende realizar se vaia realizar como traballadora autónoma, dándose de alta como tal na Seguridade Social, ou como socia traballadora estable (non temporal) dunha cooperativa ou sociedade laboral en funcionamento.
    • Se tivese presentado demanda fronte ao cesamento da relación laboral orixe da prestación, a solicitude do pagamento único debe ser posterior á resolución do procedemento xudicial.
    • Non iniciar a actividade con anterioridade á solicitude da capitalización de prestacións

O destino do importe aboado depende da forma xurídica que vaia ter a empresa, da seguinte forma:

  • No caso de que a desempregada se incorpore como socia a unha sociedade laboral ou unha cooperativa, o aboamento da prestación faise dunha soa vez polo importe que corresponda á achega obrigatoria establecida con carácter xeral en cada cooperativa, ou á adquisición de participacións do capital social nunha sociedade laboral. Coa contía de prestación que quede restante, a Entidade Xestora pode aboar cada trimestre o importe para subvencionar a cotización da traballadora á Seguridade Social.
  • No caso de iniciar unha actividade como autónoma: o aboamento dunha soa vez realízase polo importe que corresponda ao investimento necesario para desenvolver a actividade, incluído o importe das cargas tributarias para o inicio da actividade, co límite máximo do 60% do importe da prestación por desemprego pendente de percibir. Este límite non afecta á contía que poden obter as mulleres de ata 35 anos de idade que pretendan iniciar unha actividade por conta propia nin a aquelas traballadoras que acrediten unha minusvalía ou incapacidade en grao igual ou superior ao 33%. O resto da prestación que non se obtivese na modalidade de pagamento único aboarao cada mes a Entidade Xestora para subvencionar a cotización ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos da traballadora á Seguridade Social. Pódese solicitar máis información no Servizo Público de Emprego.