Ir o contido principal

Bienvenidos

Benvida

 

«As mulleres achegan unha sensibilidade e unha visión holística dos negocios, cousa que o mundo empresarial precisa de forma urxente.»

Randy Komisar (profesor de iniciativa empresarial. Universidade de Stanford)

 

A actividade emprendedora é básica para calquera economía, e a contribución feminina a esta constitúe un factor que impulsa a igualdade efectiva entre mulleres e homes e fai a todas as persoas partícipes por igual no desenvolvemento socioeconómico do país.

Historicamente a actividade emprendedora das mulleres foi inferior á masculina, polo menos no que se refire á actividade económica formalizada. Hoxe en día diversos factores económicos, pero tamén sociais e culturais, están a axudar a reverter esta tendencia, de forma que cada vez máis as mulleres se formulan a opción do emprendemento como alternativa profesional.

Emprender é a capacidade de percibir, crer, crear e actuar: é unha actitude, unha forma de pensar ou unha mentalidade que inclúe a motivación e a capacidade do individuo, ben sexa de forma independente ou dentro dunha organización, para identificar unha oportunidade e loitar por ela e así producir novo valor económico e/ou social.

Unha persoa emprendedora é alguén capaz de descubrir e identificar unha oportunidade, comprender o seu potencial e reunir o valor de actuar sobre ela. En definitiva unha persoa emprendedora é a que ten a capacidade de empezar algo que resulta difícil e de ser perseverante ata levalo ao éxito.

A iniciativa emprendedora inclúe a propensión a inducir cambios en nós, a capacidade de aceptar e apoiar a innovación provocada por factores externos, de dar a benvida ao cambio, de asumir a responsabilidade polas propias accións (sexan positivas ou negativas), de rematar o que se comeza, de saber en que dirección se está indo, de establecer obxectivos e cumprilos e de ter a motivación necesaria para triunfar.

En apoio deste espírito emprendedor nace o espazo de emprendemento feminino na rede, que ten como obxectivo acompañar as mulleres do territorio do proxecto neste camiño, ofrecerlles información actualizada, promover o intercambio de oportunidades entre emprendedoras que lles procure contactos e colaboracións laborais e empresariais no mercado e dar visibilidade ás experiencias emprendedoras para o recoñecemento das súas autoras e para obter exemplos de boas prácticas que promovan ideas de empresa.